Ribeira recunca en outubro coa súa festa dixital para a mocidade
luns, 19 de setembro do 2011
Semella que Ribeira vai estrear a súa Casa da
Xuventude en clave dixital. Segundo se fai saber en La
Voz, o devandito centro social, ao que moitos xa non lle vÃan trazas de
converterse en realidade, ben fose polos
adiamentos na construción, ben fose polas inundacións
e estragos que sufriu, bota a andar este mes de outubro coa segunda edición
da festa informática para a mocidade UxÃanet
1.1, un encontro que se insire no modelo de partys lan que todos coñecemos pero coa gran vantaxe de chegar nun
intre en que se desexan coma auga de maio: o intre post-vacacional.
En definitiva, do que se trata é de pór a
disposición da mocidade local e galega un espazo con acceso á rede de alta
velocidade onde poder intercambiar datos e habilidades arredor da sociedade
dixital, e onde ter a posibilidade de participar en actividades de lecer e de
formación arredor da cuestión tecnolóxica.
A cita foi dada a coñecer pola concelleira de
Xuventude, Aroa Fernández, o técnico municipal Mario Vidal e polos
representantes de PHP Software Factory, a empresa que se vai encargar do
desenvolvemento da xuntanza. Esta celebrarase ao longo de case sesenta horas
sen interrupción, dende as 10.00 horas do venres 14 de outubro até as 18 do dÃa
16. Habilitaranse 55 prazas.
As persoas interesadas xa poden ir
formalizando a inscrición a través da páxina web especÃfica da xuntanza, www.uxianet.com. O encontro terá dúas partes
ben definidas, como soe ocorrer neste tipo de eventos. Por unha banda
contaremos coa área de intranet, que é onde farán vida en liña as persoas
inscritas, cos ordenadores e a rede de alta velocidade, e por outra banda
teremos a extranet, que é o espazo aberto, de libre acceso, que dará acubillo
ás actividades formativas e de lecer: relatorios, charlas e exposicións.