Riddick volverá nun novo videoxogo para as videoconsolas de alta definición

mércores, 23 de maio do 2007 Marcus Fernández

Hai 3 anos os xogadores de PC e Xbox puideron pasar moitas horas de diversión coa adaptación da película Las Crónicas de Riddick pero, que a secuela de Pitch Black non continuase nas grandes pantallas cunha terceira entrega non é desculpa para retomar as aventuras de Riddick nas consolas de videoxogos, polo que Vivendi anuncia que está a traballar en The Chronicles of Riddick: Assault on Dark Athena, que sairá a finais de ano para as plataformas Xbox 360 e PlayStation 3.
O novo videoxogo continuará a liña da súa anterior entrega, con acción e violencia, aínda que para rematalo están refacendo e ampliado todo o traballo anterior para crear un produto á altura das novas consolas.

PUBLICIDADE