Riot Games considerou ofensivo o nome de usuario Corona
mércores, 15 de abril do 2020
Para
manter as comunidades de usuarios libres de certos tipos de abusos existen normas
sobre os nomes de usuario que poden adoptarse, estando prohibidos certos termos
que poden ofender a múltiples colectivos, pero a pandemia provocou unha
situación bastante ridÃcula para un xogador de League of Legends chamado
João Corona, que atopou que dende Riot Games estaban a obrigalo a mudar o seu
nome de usuario, Corona, por considerar que era unha referencia ao
coronavirus, cando non só é o apelido do xogador de 24 anos, senón que incluso
é unha marca de cervexa moi coñecida internacionalmente e unha palabra do
dicionario español sen acepción negativa.

- João Corona, usuario ao que tentaron facer mudar de nome de usuario
O
afectado contou a súa historia nos foros de Reddit, asegurando que durante
6 anos xogou ao LOL como Squid Corona, pero a comezos de 2019 deixou
o seu nome simplemente como Corona, deixando claro que non estamos ante
unha referencia á COVID-19, o que durante un par de semanas os moderadores de
Riot Games consideraron intolerable e, só tras expor publicamente o tratamento
recibido conseguiu
chamar a atención do responsable de comunicación de League of Legends,
dando a entender que o sistema de moderación empregado por Riot Games é
deficiente, por non contar con mecanismos para que os conflitos poidan escalar
e solucionarse de xeito ordinario, sen ter que conseguir atención pública.
Este tipo de incidente deberÃa terse solucionado nunhas poucas horas, e resulta
lamentable que levase semanas, especialmente cando en xogos en liña como LOL
existen numerosos nomes de usuario claramente ofensivos, con mensaxes racistas,
xenófobos ou que claramente buscan abusar de alguén, ante os que non se actúa
coa debida rotundidade, mentres que existen listaxes negras de nomes de usuario
parecen terse elaborado con criterios indefinidos e sen a posibilidade de
discutilos cun ser humano para solucionar os posibles erros.
