Rockstar deberá compensar economicamente ós compradores de GTA: San Andreas

mércores, 30 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

O mini-xogo sexual incluído no GTA: San Andreas

A polémica aparición dunha modificación do xogo Grand Theft Auto: San Andreas que permitía acceder a un mini-xogo sexual levaron ó seu fabricante, Rockstar Games, a xuízo, e agora xa ten sentenza, de xeito que a empresa deberá compensar con ata 35 dólares (ou un disco de substitución) ós usuarios que demostren antes do 16 de maio que adquiriron o videoxogo orixinal.
Os compradores do GTA: San Andreas nos EE.UU. contarán cunha páxina web a través da que dirixir a súa reclamación, aínda que resulta bastante sorprendente que a sentenza fose condenatoria, xa que os usuarios ofendidos pola modificación coñecida coma Hot Coffee tiveron que atopala na Internet, descargala e instalala, o que dista bastante dun contido de serie no xogo.

PUBLICIDADE