Ros presenta o Plan nacional de transición á TDT

venres, 22 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Finalmente o secretario de Estado de Telecomunicacións, Francisco Ros, presentou a Comisión de Seguemento das Transición á Televisión Dixital Terrestre o proxecto do Plan nacional de transición á TDT para conseguir un apagón analóxico ordenado.
O Plan establecería 73 áreas técnicas dentro do territorio español nos que se englobarían 90 proxectos de transición. Ademais tamén haberá 4 grupos de proxectos en funcións do calendario establecido para acadar o apagón analóxico en 2010. Deste grupo, o primeiro botaría o peche á televisión analóxica antes do 31 de decembro de 2008, aínda que este grupo é sumamente reducido (abarcaría só ó 1% da poboación española) tralo que se pasaría a un grupo con 32 proxectos e que pecharía a televisión analóxico antes do 30 de xuño de 2009 afectando ó 11,6% da poboación.
Antes de rematar 2009 se incluirían outros 25 proxectos que representarían ó 19,8% e finalmente habería un grupo que xuntaría 33 proxectos e que levaría o apagón analóxico ó 3 de abril de 2010.