Runtime renóvase medrando en contidos
venres, 23 de xuño do 2023
O
ano pasado chegou a España Runtime, unha das novas plataformas audiovisuais
de balde financiadas mediante publicidade que cada vez son máis frecuentes,
para tentar facerse co público afeito á televisión en aberto. Para poder gozar
dos contidos desta plataforma chega con empregar a súa aplicación para Android
ou iOS en dispositivos móbiles, estando tamén presente en Apple TV, Fire TV, Google
TV e as principais marcas de televisores.
O vindeiro dÃa 26 esta plataforma transformarase
en Runtime Service, medrando en contidos sumando 20 canles especializadas
en cine e series de calidade, confiando asà en ofrecer a mellor experiencia
posible neste tipo de plataformas no mercado español.
Runtime conta na súa oferta con canles
especializados en series españolas como Ana y los 7 e Curro Jiménez;
con Cines Verdi TV e Cine Feel Good achegan máis dun cento de tÃtulos de éxito
do cine europeo e internacional; MyTime Movie Network ofrece tv movies protagonizada
por mulleres; Vive Kanal D Drama é unha aposta polos dramas turcos que tanto éxito
están a ter nos últimos anos; Corazón de TV Azteca fai o propio coas
telenovelas mexicanas; os cativos poden gozar coas canles de Pocoyó e Los
Pitufos; Cinema de TV Azteca traerá clásicos do cine mexicano (entre os que
destaca a presenza de Cantinflas); e Film&Co centrarase no cine de ficción
e documental independente español e internacional.
Estamos asà ante unha renovación de marca para deixar constancia do incremento
de contidos dunha plataforma que está a consolidarse cun modelo de negocio que parece
chamado a coller o relevo da televisión tradicional, cando menos ao que se
refire a contidos de ficción.
VÃdeo no que anuncian a nova etapa de Runtime