Ryanair cancela billetes de avión reservados por Internet
luns, 11 de agosto do 2008
Segundo vén de afirmar a web
de RTVE, a aeroliña de baixo custo irlandesa Ryanair, cancelou
"miles de reservas dous seus propios vóos" fixados para os dÃas posteriores a o de hoxe, por ter sido feitas por Internet, a través de distintas axencias de viaxe.
Ao parecer, estas axencias
virtuais permiten adquirir billetes da devandita aeroliña sen necesidade de tramitalos a través da súa web oficial, o cal Ryanair considera "unha práctica ilegal por atentar contra os seus termos e condicións".
Asemade, a aeroliña
asegura que a tecnoloxÃa empregada
nestes casos "ralentiza o funcionamento da súa
propia web para outros
usuarios".
Os responsables de Ryanair
aseguran que ou feito de cancelar estes billetes é un xeito de "desincentivar
esta actividade ilÃcita" que perxudica tanto á compañÃa como
aos clientes da mesma,
que teñen que pagar máis
polos seus asentos e por outros servizos con cargos adicionais.
Esta medida, non só
afectará a miles de pasaxeiros, que non poderán chegar a tempo aos seus destinos, senón tamén aos hoteis, axencias de aluguer,
restaurantes reservados e a outras compañÃas de vóos que recollÃan pasaxeiros de Ryanair cara outros destinos onde a compañÃa
de baixo custo non ten operatividade.
eDream estuda
levar a cabo accións legais
A axencia de viaxes en liña, eDreams, vén de activar
un equipo de emerxencia integrado por 30 expertos na materia para "rescatar"
as vacacións de todos os afetados pola decisión da aeroliña de baixo custo ao tempo que estuda levar a cabo "todas as accións legais posibles" contra Ryanair
pola súa "irresponsabilidade e neglixencia".
eDreams asegura que lle ofrecerá os seus servizos
sen custo para os afectados e "renunciará a tódalas
súas comisións nas novas reservas
substitutorias de xeito universal, tanto para as
reservas realizadas en eDreams como para o resto (axencias
de viaxes españolas)".
