SNK recompila para PS2 e PSP 16 dos seus videoxogos clásicos

luns, 21 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

King of Fighter 94 é un dos títulos incluídos no recompilatorio

A empresa responsable de auténticos clásicos dos salóns recreativos, SNK Playmore, levará os seus títulos de Neo-Geo ás consolas PSP e PS2 no recompilatorio SNK Arcade Classics: Volume 1, que xunta a 16 xogos que en moitos casos deron lugar a multitude de secuelas.
Aínda non hai data de lanzamento fixada, e os títulos incluídos serán Art of Fighting, Baseball Stars 2, Burning Fight, Fatal Fury, King of Fighters 94, King of the Monsters, Last Resort, Magician Lord, Metal Slug, Neo Turf Masters, Samurai Shodown, Sengoku, Shock Troopers, Super Sidekicks 3, Top Hunter e World Heroes.

PUBLICIDADE