Sae á venda en España o Guitar Hero para Nintendo DS

venres, 18 de xullo do 2008 Raquel Noya

Logo de ter feito as delicias de multitude de usuarios nas salas de estar de todo o mundo, o popular videoxogo Guitar Hero: On Tour, que se fixo portátil para afacerse á Nintendo DS, chega hoxe nesta versión ás tendas españolas para permitirlles aos fans converterse en verdadeiras estrelas de rock, onde e cando eles decidan.
O Guitar Hero: On Tour para Nintendo DS vén acompañado dun periférico que se axusta á consola e dun lapis táctil exclusivo para o xogo que ás veces fai de púa para riscar na guitarra virtual e facer soar as notas das cancións escollidas.
Entre os temas ofertados, Guitar Hero inclúe os grandes éxitos de Nirvana, Ok Go, No Doubt, Blink-182 e Bloc Party.
O xogo foi deseñado dende cero especialmente para Nintendo DS e os seus creadores aseguran que é “doado de manexar, difícil de dominar e tremendamente aditivo”.
Hoxe sae á venda nas tendas españolas e ten a cualificación 3+ de PEGI.