Sae á venda o esperado Mortal Kombat 11
martes, 23 de abril do 2019
Hoxe rematou a espera para os seareiros dunha das sagas de
xogos de loita máis lonxevas e emblemáticas, chegando ás tendas Mortal
Kombat 11, tÃtulo co que NetherRealms volve a achegarnos a este
violento estilo de xogo no que desta volta esvaecen as barreiras entre liñas temporais
de xeito que poderemos ver como Johnny Cage poderá enfrontase cara a cara cunha
versión moza de si mesmo (tal e como o coñecemos nos anos 90).
Tamén hai novas incorporacións ao cadro de loitadores (como Geras, que emprega
como arma as areas do tempo, e Cetrion, unha deusa que domina os elementos) e
amplas opcións de personalización, de xeito que teremos unha grande capacidade
de elección para facer uso dos ataques dos que máis gustemos.
A nova entrega desta saga que leva 25 anos repartindo golpes está xa dispoñible
para Xbox One, PlayStation
4 e PC,
estando previsto que máis adiante chegue tamén a Nintendo
Switch. Aparte da edición estándar, Mortal
Kombat 11 tamén pode adquirirse nunha edición especial e noutra premium,
que inclúen principalmente contidos dixitais adicionais; sendo especialmente
rechamante a Kollector’s Edition que,
serÃa como a versión premium xunto cun imán exclusivo e unha máscara de tamaño natural
de Scorpion.
- O xogo mantén nesta nova entrega a súa habitual dose de violencia
- A edición para coleccionistas de Mortal Kombat 11 inclúe unha máscara de Scorpion
Tráiler de lanzamento de Mortal Kombat 11