Sae á venda o primeiro Brain Training para Switch
venres, 3 de xaneiro do 2020
A
partir de hoxe está dispoñible nas tendas unha nova entrega da serie Brain
Training do Dr. Kawashima para Nintendo Switch,
o que supón unha grande transformación do xogo das consolas Nintendo DS e 3DS
(con lapis dixitalizador), que nesta adaptación conserva moitos dos exercicios
clásicos para manter unha mente activa e engade outros que tiren proveito das
posibilidades da actual consola de Nintendo (concretamente aproveitan a cámara
de infravermellos de movemento do Joy-Con dereito). AÃnda que os exercicios
poden resolverse directamente usando o dedo sobre a pantalla, tamén está
dispoñible un lapis táctil que pode conseguirse ao mercar o xogo en soporte
fÃsico. O xogo en formato descargable véndese a un prezo de 26,99 euros,
mentres que en formato fÃsico pode atoparse por entre 29,90 e 39,90 euros.
Tráiler de lanzamento do xogo
