Saen á venda novos xogos de MSX en cartucho

xoves, 30 de novembro do 2017 Marcus Fernández

A escena de videoxogos retro continúa moi activa, sorprendendo frecuentemente non só por lanzar xogos para plataformas antigas que podemos descargar para xogar en emuladores, senón tamén con edicións físicas, que son todo un reto de producir, xa que os soportes como as cintas, os discos ou os cartuchos son auténticas rarezas. Dentro destas xoias de aire clásico pero de nova creación temos tres atractivas novidades para os que conserven un ordenador MSX operativo, xa que Matranet vén de lanzar tres novos xogos presentados na MSXdev’17 que poden mercarse en cartucho a un prezo de 25 euros cada un.
Por unha banda temos XSpelunker, un xogo de plataforma de Brain Games inspirado no xogo independente Spelunky, que convídanos a explorar as ruínas maias no Iucatán, mentres que títulos como Zevimodoki de GW’s Workshop optar por unha liña máis clásica, homenaxeando ao clásico matamarcianos Xevious. Completan as novidades un xogo bastante máis rechamante, Draconic Throne, xa que desta volta, en vez de encargar a un guerreiro que derrota monstros, tomamos o rol contrario, e manexaremos a un dragón que debe eliminar aos seus inimigos co seu alento de lume mentres evita os seus ataques, e que está inspirado na serie Game of Thrones, no que supón unha curiosa mestura entre o retro e o actual.

Draconic Throne é un xogo de MSX inspirado en Game of Thrones

PUBLICIDADE