Sam & Max terán novo xogo para PC e Nintendo Wii

luns, 7 de abril do 2008 Marcus Fernández

A xente de Telltale Games amosando cómo será o Sam & Max para Wii

Telltale Games anunciou que Sam & Max Season 1 contará con versión para Nintendo Wii en outono, de xeito que achegarán ao can e ao coello detectivescos a novas audiencias e plataformas.
Antes da chegada deste título para Wii o poderemos ver na súa versión para PC o vindeiro mes de maio, achegando 6 episodios desta curiosa e divertida saga de videoxogos.
Tanto a versión para PC como a de Wii contarán con voces en inglés e subtítulos en español, devolvendo ás pantallas aos personaxes do cómic independente creados en 1987, e tamén contaron con serie de televisión.

PUBLICIDADE