Samsung prepara un móbil básico con Android 4.0 e altofalantes estéreo
martes, 9 de outubro do 2012
Samsung vai colocar no mercado un novo terminal móbil con
Android, que pese a estar englobado na gama máis baixa da familia Galaxy como
resulta evidente ao ver que ten unha pantalla de 3 polgadas cunha resolución de
240 x 320 pÃxeles, ten algúns elementos que poderiamos destacar, como que
funcionará con Android 4.0 e terá antena de radio FM integrada, toma de
auriculares de 3,5 milÃmetros e altofalantes frontais estéreo con efecto
envolvente, de aà que o seu nome comercial vaia ser Samsung
Galaxy Music.
Este móbil chegará con 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), Bluetooth 3.0, Wi-Fi N (con Wi-Fi
Direct), GPS, cámara de 3 MpÃxeles, unha baterÃa de 1.300 mAh, un grosor de
12,25 milÃmetros e un peso de 106,9 gramos.
O prezo e a data de lanzamento deste smartphone
aÃnda non se fixeron públicos, pero ten toda a pinta de que este dispositivo
pode acadar unha boa aceptación entre os móbiles básicos con Android de
Samsung.