Santillana estrea unha enciclopedia participativa
mércores, 17 de outubro do 2007
Resulta abraiante que unha editorial tradicional
como Santillana
aposte polas redes sociais, pero iso parece facer coa súa nova iniciativa, Kalipedia, que pretende ser unha enciclopedia
en liña participativa que reparte os
seus contidos en materias temáticas (artes, ciencias naturais, xeografÃa,
historia, enxeñerÃa, lingua e literatura, matemáticas e pensamento, relixión e
cultura) sen esquecer o acceso a
material multimedia.
Deste xeito, alumnos, profesores e pais poderán empregar esta ferramenta como
apoio no proceso educativo, pretendendo ser tamén unha fonte de información
fiable e de calidade, adaptada á formación de estudantes de ensino secundario.
Os usuarios rexistrados nesta nova plataforma tamén poden compartir información,
interactuar e participar nunha sección chamada Interkambiador. Esta sección será
a que máis chame á participación en comunidade, e permitirá o uso de blogs multiusuario, foros, grupos de
intereses comúns, avatares personalizados, cualificación dos contidos propios,
retos, concursos... en definitiva, que é un servizo colaborativo que busca que
os seus usuarios desexen estar
marKados para incorporarse a esta
comunidade virtual.
