SearchCube presenta tridimensionalmente os resultados de busca en Google

venres, 24 de outubro do 2008 Marcus Fernández

SearchCube agrupa nos seus resultados páxinas web, imaxes e vídeos

Os usuarios que estean aburridos das buscas de sempre a través de Google poden optar por utilizar un mashup creado por Symmetri, SearchCube, que combina os 96 primeiros resultados do buscador con miniaturas creadas por Thumbshots para proxectalas tridimensionalmente nas caras dun cubo xerado en Flash e que podemos controlar co rato e cos cursores do noso equipo para ter unha experiencia de uso moi gráfica aínda que pouco eficiente.
Unha vez que temos cargados os resultados en pantalla podemos premer as teclas dos cursores para colocar en primeiro plano distintas caras do cubo cos resultados, mentres que se prememos a tecla de maiúsculas podemos rotar o cubo lixeiramente coa axuda do rato do ordenador para acadar atractivas perspectivas.
Non estariamos ante un substituto do Google, pero si ante unha orixinal interface para presentacións ou unha web anecdótica para impresionar ao amigos.