Segunda fin de semana de rebaixas de Nadal na PlayStation Store

venres, 7 de decembro do 2018 Marcus Fernández

A PlayStation Store continúa esta fin de semana a súa conta atrás de cara ao Nadal, con ofertas bastante atractivas nos seus xogos en formato dixital, que estarán vixentes até o luns e inclúe grandes títulos como God of War na súa edición dixital de luxo a 29,99 euros ou Shadow of the Tomb Raider a partires de 31.49 euros.
Outras ofertas interesantes son o FIFA 19 a 39,99 euros, A Way Out a 19,99 euros, a edición de luxo de Detroit: Become Human a 29,99 euros, Fallout 4 a 9,99 euros, Far Cry 5 a partires de 29,99 euros ou WWE 2K19 por 29,99 euros. Sen dúbida, unhas interesantes propostas de cara ao tempo de lecer que moitos terán nas festas de Nadal.

JPEG - 83.2 KB
God of War, considerado por moitos medios o Xogo do Ano 2018, está de oferta esta fin de semana

PUBLICIDADE