Seis empresas galegas participan a partir deste mércores no Audiovisual MAC08 de Catalunya
martes, 27 de maio do 2008

- Acto de apertura oficial das portas do salón na convocatoria do ano pasado
Galiza terá ampla representación no Audiovisual MAC08, feira do mercado catalán con sede en Granollers que, amais de constituÃr unha porta de entrada ó eido do dito paÃs, tamén achega accesos para abrirse camiño no ámbito internacional (subministra espazos e recursos para que autores, produtores e distribuidores de todo o mundo se coñezan). O caso é que o salón, que se desenvolve a partir de mañá mércors, contará por vez primeira cunha delegación galega -con presenza nos stands e nas roldas de presentacións de proxectos- constituÃda por seis empresas ligadas ó Clúster Audiovisual Galego.
A rolda de actividades dos representantes da nosa terra dará comezo ás 11.00 horas cun encontro coa prensa a cargo do presidente do CLAG, Antón Reixa, que acudirá acompañado de Fernando Salgado, secretario xeral de Comunicación da Xunta.
Logo, ás 11.45, celebrarase no stand corporativo do Clúster a presentación das ditas seis empresas galegas e das súas achegas de contidos audiovisuais.
· Interacción, representada pola súa directora-xerente Beatriz Legerén, presentará dous proxectos interactivos de lecer: 0747 e Rumores.
· Presentación corporativa da Fundación TIC, da man do seu director, José Antonio Corredoira Teijeiro
Correo Tv dará a coñecer o seu proxecto de TDT, a cargo de Luis Pérez, director.
· Filmanova, presentará dous novos contidos para móbiles e Internet: Vale tudo e El ascensor. A cargo de Katia Fraguela, responsable do dpto. de Novos Media.
· Voz Audiovisual, presentará o proxecto 23 F 2.0 por Jaume Santacana, director-adxunto da compañÃa
· Presentación corporativa de Ficción Producciones, a cargo de Beatriz RodrÃguez.
