Sekiro: Shadows Die Twice chega ás tendas

venres, 22 de marzo do 2019 Marcus Fernández

A última creación de FromSoftware, estudio responsable de xogos como Darks Souls e Bloodborne, xa está aquí, con versións para PS4, Xbox One e PC. Trátase de Sekiro: Shadows Die Twice, unha viaxe na que a morte será un inimigo e un aliado, e na que os xogadores poderemos percorrer un mundo escuro cheo de inimigos brutais e combates de espada.
No xogo encarnaremos ao chamado «lobo dun so brazo», quen usando o seu brazo mecánico shinobi procurará restaurar a súa honra, recuperar ao seu mestre o Descendente Celestial e vingarse do seu inimigo a calquera prezo. A historia transcorre no período Sengoku do Xapón e amosa a grandeza da loita que leva a cabo o noso solitario e desfigurado shinobi, que irá descubrindo novos obxectos, personaxes e inimigos segundo vai explorando dun mundo no que non faltan rivais sobrehumanos e retos moi desafiantes, na liña do que nos ten afeitos FromSoftware.

Tráiler de lanzamento de Sekiro: Shadows Die Twice

PUBLICIDADE