Sen setembro chegará a serie Platinum para PS3

luns, 28 de abril do 2008 Marcus Fernández

Resistance: Fall of Man, Heavenly Sword e Uncharted: Drake’s Fortune son 3 dos xogos que se poderán mercar por 25 euros en setembro

A PlayStation 3 non só é unha consola de videoxogos que resulta moi cara no momento da súa compra, senón que os seus xogos tamén teñen uns prezos moi elevados (pois as novidades custan normalmente 69,95 euros), o que é un atranco máis para que mellore a penetración da consola de Sony, polo que, como tamén se fixo no seu día coa PS2, en setembro vai chegar a España a serie Platinum, que será unha colección cos xogos de máis éxito para PS3 a un prezo máis popular
Nun principio poderemos ver coma Heavenly Sword, Resistance: Fall of Man, Motorstorm, Ratchet & Clank e Uncharted: Drake’s Fortune a uns 25 euros, polo que tralo verán moitos usuarios poderán achegarse a estes interesantes títulos que, aínda que xa teñen varios meses de vida, conservan a súa frescura.

PUBLICIDADE