Senua’s Saga: Hellblade II Enhanced chega a PlayStation 5, Xbox e PC

mércores, 13 de agosto do 2025 Marcus Fernández

Ninja Theory anunciou que Senua’s Saga: Hellblade II Enhanced xa está dispoñible en PlayStation 5, Xbox Series X|S, Xbox en PC e Steam, marcando a primeira vez que os usuarios de PlayStation poden vivir o seguinte capítulo da viaxe de Senua.
Na versión para PlayStation 5, o xogo está dispoñible en dúas edicións: a Estándar, cun prezo de 49,99 euros e que inclúe o galardoado Senua’s Saga: Hellblade II con todas as melloras da actualización Enhanced; e a Deluxe, por 69,99 euros, que engade a versión mellorada de Hellblade: Senua’s Sacrifice para PS5 e a súa banda sonora orixinal.
Coincidindo con este lanzamento, a actualización Enhanced chega de balde a todos os xogadores de Xbox Series X|S, Xbox en PC e Steam. Entre as novidades destacan un Modo Rendemento a 60 fotogramas por segundo (fronte aos 30 fps orixinais), o regreso do Modo Podremia Escura de Hellblade: Senua’s Sacrifice como reto opcional, un Modo Foto ampliado con novas ferramentas e máis de catro horas de comentarios de desenvolvedores, actores e colaboradores sobre o proceso creativo.
Para acompañar a estrea, Ninja Theory e a marca multidisciplinar de moda Passarella Death Squad lanzan unha colección cápsula exclusiva inspirada no universo do xogo, con pezas confeccionadas en Inglaterra a partir de tecidos premium xaponeses e ingleses, e deseños que mesturan a estética inquietante de Hellblade coa visión escura e cinematográfica de Passarella.

Passarella lanzou unha colección inspirada no xogo