Sevilla anuncia en FITUR un novo evento para gamers
xoves, 23 de xaneiro do 2025
A Feira Internacional de Turismo que se celebra no recinto de IFEMA en Madrid foi o escenario escollido para a presentación do GEM Awards, un novo evento da industria dos videoxogos que se desenvolverá entre os dÃas 24 e 27 de abril en FIBES II (Sevilla) e do que deron conta o alcalde de Sevilla, José Luis Sanz, e a cofundadora do evento e directora xeral de DFW Creative (axencia de márketing de Singapur), Charina Widjaja.
Falamos dunha feira de videoxogos no que se desenvolverán torneos e sesións educativas, asà como tamén contará con zonas de xogo libre e establecementos comerciais, aÃnda que o seu prato forte pretenden que sexa a gala dos GEM Awards, que se celebrará na noite do sábado 26 de abril e estará presentada polo creador de contidos MÃster Jägger, e poderá seguirse en directo a través da Rede. Estes premios recoñecerán os mellores xogos do ano a través das votacións da propia comunidade de xogadores.
Para captar a atención do público, o evento contará coa colaboración de máis de 45 creadores de contido e influentes como Abipower, Creativo en Japón, Salva Fernández e Zorman.
Cómpre salientar que este evento que presume de ser «por e para os gamers» está a recibir crÃticas precisamente da comunidade de xogadores por unha polÃtica de comunicación tan abstracta, na que non se está a concretar realmente en que consiste nin o propio evento nin os premios, dando a impresión de que estamos ante un evento de videoxogos máis dos que se reparten na xeografÃa española, pero cunha identidade moi confusa (xa que se anuncia como uns premios).
VÃdeo da presentación realizada en FITUR
