Shin-chan meterase na Wii en marzo

mércores, 9 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Un dos mini-xogos do novo título para WiiTralo seu paso pola GameBoy Advance e a Nintendo DS, o pequeno Shinnosuke Nohara, máis coñecido coma Shin-chan, estrearase na Nintendo Wii cun novo xogo que se venderá en España a mediados de marzo e destacará por contar coas voces orixinais en español da popular serie de televisión.
O novo xogo chamarase Shin-chan ¡Las Nuevas Aventuras para Wii! e sitúa ó pequeno Shinnosuke e á súa familia nunha serie de xogos dentro do programa de televisión King Station que se desenvolve pola cidade na que vive Shin-chan. Ó estar os distintos xogos repartidos por toda a cidade será posible cruzarse cos personaxes que apareceron na serie de televisión.

PUBLICIDADE