SingStar chega á PlayStation 4

venres, 24 de outubro do 2014 Marcus Fernández

A PlayStation 4 está finalmente lista para converterse na grande máquina de karaoke da tempada, pois está a recibir o xogo SingStar, dispoñible unha aplicación móbil que podemos descargar de balde para iOS e para Android, SingStar Mic, que permite converter o noso smartphone nun micrófono, facendo así máis doado converter as visitas dos nosos amigos en auténticas festas. Desta volta SingStar pode descargarse de balde, de xeito que só teremos que pagar polas cancións que adquirir na SingStore, de xeito que construamos unha colección axeitada aos nosos gustos.
De todos os xeitos, o vindeiro mércores tamén teremos nas tendas SingStar Ultimate Party, un xogo en formato físico que incluirá 30 grandes éxitos, achegando así o xogo a usuarios que non teñan a súa consola conectada á Rede ou que simplemente queiran contar cun catálogo musical variado para que se axuste aos moitos perfís de xogador.
Os usuarios de PlayStation 3 tamén contarán cunha edición deste xogo, que estará dispoñible para eles un día antes que a versión de PS4.

Os smartphones poderán aproveitarse como micrófonos en SingStar grazas a unha aplicación de balde


Trailer de lanzamento de SingStar Ultimate Party

PUBLICIDADE