SingStar chegará á PS3 en decembro

luns, 29 de outubro do 2007 Marcus Fernández

O popular karaoke das consolas PlayStation prometían chegar no verán á PS3, pero finalmente será no mes de decembro cando comezará a comercializarse Singstar Next en Europa, de xeito que chegará a tempo para a campaña de Nadal.
O novo xogo será compatible cos micrófonos de PS2 (o que agradecerán os usuarios máis fieis, que aforrarán así uns 30 euros na compra do xogo) e se completará cunha tenda de cancións en liña, SingStore, que permitirá darlle máis vida ós xogo a longo prazo.

O novo xogo contará cunha tenda en liña para mercar novas cancións

As cancións que se incluirá no novo xogo (cando menos no Reino Unido) serán as que seguen:

  • Blink 182 – All The Small Things
  • Blur – Coffee & TV
  • Britney Spears – Toxic
  • Coldplay – Fix You
  • Gorillaz – Feel Good Inc.
  • Gwen Stefani – Cool
  • Junior Senior – Move Your Feet
  • Macy Gray – I Try
  • Musical Youth – Pass The Dutchie
  • Ne-Yo – So Sick
  • Orson – No Tomorrow
  • OutKast – Hey Ya
  • Primal Scream – Movin’ On Up
  • Pussycat Dolls – Beep
  • Radiohead – No Surprises
  • Razorlight – America
  • REM – Losing My Religion
  • Robbie Williams and Nicole Kidman – Something Stupid
  • Scissor Sisters – I Don’t Feel Like Dancing
  • Supergrass – Alright
  • The Automatic – Monster
  • The Cardigans – Lovefool
  • The Fratellis – Chelsea Dagger
  • The Killers – Mr Brightside
  • The Stone Roses – She Bangs The Drums
  • The Zutons – Valerie
  • Twisted Sister – We’re Not Gonna Take It
  • U2 – Beautiful Day
  • Weezer – Buddy Holly
  • Wolfmother – Love Train

PUBLICIDADE