SingStar organiza un concurso centrado en Eurovisión
venres, 11 de maio do 2018
Nas vésperas do Festival de Eurovisión
decidiron lanzar un
concurso para os usuarios de PlayStation 4 a través do que convidan a subir
historias a Instagram ou publicacións a Twitter cantando o tema que se queira
apoiar na presente edición de Eurovisión, mencionando a @playstationes,
empregando o cancelo #EuroSingstar e acompañando a publicación coa bandeira do
paÃs ao que pertence a canción interpretada.
Un xurado elixirá as mellores publicacións feitas antes do 13 de maio, para
anunciar os gañadores o 14 de maio, ofrecendo grandes premios para os
gañadores:
- 1º premio: unha viaxe á sede do paÃs
gañador para asistir a Eurovisión 2019 en directo, asà como unha consola
PlayStation 4
- 2º premio: unha consola PlayStation 4 co
xogo SingStar Celebration
- 3º premio: un lote de xogos PlayLink (Saber es Poder, Frantics, Intenciones Ocultas
e SingstarCelebration
Precisamente o xogo SingStar
Celebration é o motor desta promoción, na que quere darse a coñecer
este xogo musical que inclúe 30 clásicos do pop e que, ao estar dentro da gama de
PlayLink, pode tirar proveito do smartphone a xeito de micrófono e permite
partidas de ata 8 xogadores.
Tráiler de SingStar Celebration
