Sky anuncia o cesamento de actividade en España
xoves, 23 de xullo do 2020
A fatiga de subscricións ás que está a someterse aos consumidores
comeza a cobrarse vÃtimas, como era de esperar, e ante a excesiva diversidade
de servizos de vÃdeo de pagamento a plataforma Sky, que chegou
hai 3 anos a España, tira a toalla e anuncia
o cesamento de actividades o vindeiro 1 de setembro. Iso quere dicir que en
setembro xa non será posible acceder aos seus contidos audiovisuais nin ás súas
aplicacións.
Os subscritores actuais de Sky non terán que pagar nada a partir do 24 de
xullo, mantendo os seus contidos completos ata o 10 de agosto, cando rematan
varios dos acordos de Sky cos seus provedores, de xeito que entre o 11 e o 31
de agosto o servizo será de balde para os usuarios actuais, pero cun catálogo
audiovisual reducido.
Sky chegou como unha interesante opción para usuarios con banda larga fixa que
non tiñan contratados servizos de televisión co seu operador, xa que a través
desta plataforma over-the-top era posible acceder a moitas das canles de
pagamento máis vistas en televisión mediante unha subscrición que actualmente
estaba fixada en 6,99 euros/mes.
Unha das grandes vantaxes de Sky era a grande cantidade de plataformas nas que
estaba dispoñible, xa que, aparte de ordenadores, tabletas e móbiles, tamén
contaba con aplicación para PS4 e Xbox One, para Apple TV, para televisores de
Samsung e LG, os dispositivos Sky TV Box (propio) e Agile TV Box (de Yoigo) e
incluso con compatibilidade con Chromecast, facilidade coa que non contan outros
servizos de moito máis nome, pero que seguen a descoidar este apartado.
