Slingbox leva ó móbil as canles de televisión que recibimos no fogar

mércores, 18 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Slingbox é unha orixinal solución que achegaba os contidos televisivos recibidos no fogar a través da Internet mediante streaming, de xeito que as canles de pago contratadas para o domicilio habitual se poderían ver dende fóra do mesmo valéndose de conexións á Rede, e agora evoluciona co Sling Player Mobile de xeito que as canles televisivas que recibimos na casa se poden ver dende móbiles con sistema operativo Symbian OS, Windows Mobile ou Pocket PC.
Deste xeito, os usuarios dun dispositivo Slingbox poderán aproveitar o seu dispositivo dende case calquera parte, precisando dun móbil bastante potente e que se poida conectar á Internet a través de UMTS, Wi-Fi ou Bluetooth, de xeito que se liberan da limitada oferta televisiva para móbiles que hai na actualidade e permite a recepción das canles de televisión que se reciban na casa, polo que non se precisa multiplicar a contratación de servizos televisivos, aínda que haberá que ter en conta os prezos dos distintos accesos á Rede a través do móbil.