Só pouco máis do 1% do indexado por Google e MSN é pornografÃa
venres, 17 de novembro do 2006
Os estudos tecnolóxicos que se moven cada certo na Rede de web en web e de xornal en liña en xornal en liña adoitan a moverse entre dous extremos. Hainos que relembran unicamente cousas xa sabidas e hai outros que son unha pura sorpresa de principio a fin.
Mais hai un factor común a case todos eles: a desconfianza que normalmente nos xeran. A investigación que vén de presentar a Universidade californiana de Berkeley a través do profesor da casa Philip B. Stark cumpre con este último requisito e se move máis ben no terreo do nunca imaxinado.
A xuÃzo deste mestre, só o 1,1% das páxinas web indexadas nos buscadores de Google e MSN contén material pornográfico, acadando este unha porcentaxe de só o 6,6% en servizos como AOL e Yahoo!
O dato non deixa de sorprender, tendo en conta que case tódolos dÃas se nos di noutras estatÃsticas que unha das principais funcións da Rede para os internautas é a do subministro de contidos de tipo sexual.
Sexa como sexa, Philip B. Stark vén de presentar o seu estudo ante o Tribunal Supremo de EE UU (que está a deliberar se unha lei feita para protexer ós nenos na Rede vai en contra ou non da liberdade de expresión), o que nos pode levar a pensar que probas para demostrar a súa teorÃa non lle faltan.
IronÃas aparte, cómpre sinalar que o seu estudo é probablemente máis importante do que semella a primeira vista, posto que del pode depender a posta en marcha (ou non) dunha iniciativa do Goberno que restrinxirÃa en gran medida o acceso á información en Internet.
Mais está claro que non todo é o que parece: se temos en conta os froitos do estudo de Stark, non serÃa lóxico supoñer que foi chamado pola Unión Americana para as Liberdades CivÃs, que foi a organización que levou ó Goberno a xuÃzo por considerar inxusta a dita lexislación para protexer ós menores? Pois non, o mundo segue ó revés e semella que non ten remedio: Stark foi chamado polo Goberno para, finalmente, defender a súa confianza en algo no que o Executivo dubidada a base de ben: a súa confianza en Internet.
