Sogecable estrea canle televisiva en alta definición

mércores, 30 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Sogecable lanzará este xoves en España a primeira canle de televisión de alta definición con cobertura estatal, Canal+ HD, dende a que ofrecerán «contidos moi concretos, contidos de primeiro nivel», segundo asegurou Álex Martínez Roig, director de contidos de Digital+, de xeito que os usuarios que conten co receptor iPlus poderán ver películas coma Infiltrados, Casino Royale, Firewall, Superman Returns, El Código Da Vinci, El laberinto del fauno ou Alatriste coa calidade que permiten os últimos televisores do mercado.
Tamén as series coma Los Tudor, Los Soprano ou Big Love se poderán seguir a través de Canal+ HD, xunto con grandes documentais e establecementos deportivos de primeira fila: «o partido do Plus, a Super Bowl deste vindeiro domingo, un encontro en cada xornada da Champions, un en cada xornada do Calcio italiano, partidos da NBA, o Masters de Augusta de golf, as semifinais e finais de Wimbledon ou a Feira de San Isidro». Amais, dende o 7 de xuño tamén ofrecerá «a Eurocopa íntegra en alta definición».
Para este novo lanzamento Sogecable traballará conxuntamente con Sony España e SES Astra, e nun primeiro momento estará dispoñible para tódolos clientes de Digital+ que conten co iPlus, o que lles abre un maior nivel de detalle na imaxe e son Dolby 5.1, superando enormemente a calidade da televisión estándar, o que agradecerán os propietarios de televisores con HD Ready ou Full HD.


Promoción da nova canle