Son Goku terá un videoxogo que permitirá loitar en liña
luns, 21 de xaneiro do 2008
- Son Goku enfrontándose a Vexeta no futuro tÃtulo de Atari
Os afeccionados á serie de televisión As Bolas Máxicas poderán gozar dos seus
personaxes favoritos nas consolas de videoxogos Xbox 360 e PlayStation 3, que
non só presentará uns gráficos cunha calidade semellante á da serie de televisión
aÃnda que partan dun motor tridimensional, que destacará especialmente por
contar cun modo de xogo en liña que permitirá ó usuarios
loitar contra outros xogadores a través da Internet.
Dragon Ball Z:
Burst Limit sairá este mesmo ano, e as imaxes que se ven do mesmo
resultan prometedoras, e segundo Donny Clay de Atari, dende a súa compañÃa «están excitados e preparados para ofrecer ós
afeccionados unha nova iteración da serie de xogos de Dragon Ball Z na nova
xeración de consolas».