Sonic 4 estreará segundo episodio en 2012

xoves, 29 de decembro do 2011 Marcus Fernández

Imaxe do primeiro episodio de Sonic 4

No outono do ano pasado chegou a Xbox 360, PlayStation 3, Wii e iPhone o agardado xogo Sonic The Hedgehog 4 Episode I, que supuña o retorno dunha grande saga de SEGA que en vez de optar por unha distribución en formato físico vendeuse como contido dixital descargable, o que, en vista da pouca emulación deste modelo de negocio, entendemos que foi un rotundo fracaso, pero parece que finalmente si veremos un Episodio II, segundo veñen a confirmar os responsables do título nunha entrevista para Gamespot.
Polo momento coméntase que o xogo terá versións para PlayStaion Network, Xbox LIVE, iOS e Android (parece que deixará a Wii a un lado), contará cun novo motor gráfico e de físicas, e suporá o retorno de Tails como compañeiro e de Metal Sonic como antagonista.
Haberá que agardar para ter máis información sobre este título, do que polo momento só temos un teaser:

PUBLICIDADE