Sonic Frontiers sae á venda

martes, 8 de novembro do 2022 Marcus Fernández

Hoxe sae á venda o agardado xogo Sonic Frontiers para PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series X|S, Nintendo Switch e PC, que destaca por ser o primeiro xogo de plataformas, acción e aventuras de Sonic que ten lugar en zonas abertas, tendo que explorar o ourizo azul de SEGA as misteriosas Starfall Islands na procura das Chaos Emeralds.
No xogo haberá que loitar contra hordas de inimigos poderosos mentres exploran un mundo impresionante cheo de acción, aventura e misterios, abrindo novas experiencias aos seareiros de Sonic, que terán que explorar os novos escenarios, completar misións secundarias, resolver quebracabezas, escalar enormes estruturas, ir de pesa e pór a proba as súas habilidades sobre as plataformas en 3D no ciberespazo.
Estamos ante unha entrega das aventuras de Sonic na que SEGA atrévese a innovar, nunha liña que haberá que ver se senta a base de futuros xogos ou queda nunha anécdota.

Tráiler do xogo