Sonic La PelÃcula é a mellor estrea dun filme baseado nun videoxogo
luns, 17 de febreiro do 2020- O cambio de deseño de Sonic semella todo un acerto
As adaptacións de videoxogos a pelÃculas cinematográficas
tenden a ser un desastre ao resultar complicado respectar a obra orixinal e
tratarse normalmente de producións que simplemente aproveitan unha marca para
facilitar a súa promoción, e cando Paramount Pictures amosou o que pretendÃa
facer co ourizo azul de SEGA os seareiros de Sonic responderon dun xeito tan negativo
que tiveron que realizar un redeseño completo do personaxe, que tiña unha
aparencia demasiado humana e afastada do que o público está afeito nos
videoxogos.
Arranxado o deseño de Sonic, era moita a curiosidade que habÃa ao redor deste
filme, e o que algúns chegaron a pensar que poderÃa ser unha táctica de marketing
resultou todo un acerto, e a estrea esta fin de semana de Sonic La PelÃcula
non poderÃa ter ido mellor, recadando 68 millóns de dólares nos EE.UU. e uns
100 millóns de dólares globalmente, no que nos
EE.UU. xa consideran como o mellor lanzamento dun filme baseado nun videoxogo.
O filme conseguiu colocarse na primeira posición en recadación a pasada fin de
semana en moitos dos paÃses nos que se estreou, deixando claro que o redeseño
do personaxe foi todo un acerto.
A estrea de Sonic La PelÃcula nos cines terÃa superado ao recente Detective
Pikachu e ao filme de de 2001 Lara Croft: Tomb Raider, pois aÃnda
que as adaptacións de videoxogos ao cine resulten populares, poucas son as que
conseguen ser grandes éxitos de recadación (aÃnda que nalgúns casos é debido en
boa medida por seren pelÃculas dirixidas a maiores de 18 anos, o que limita
moito os seus resultados económicos).
Tráiler oficial de Sonic La PelÃcula