Sonic estrea un novo xogo de carreiras

martes, 21 de maio do 2019 Marcus Fernández

Os seareiros do ourizo azul de SEGA que desexen celebrar a súa aparencia habitual en vez da versión que poderemos ver en breve na grande pantalla poden facerse dende hoxe co novo xogo Team Sonic Racing, un xogo de carreiras que podemos mercar por 39,99 euros en versións para Xbox One, PlayStation 4, PC e Nintendo Switch. As versións para consola poden mercarse en tenda, mentres que para ordenadores persoais só está dispoñible en formato descargable.
Aínda que Sonic é un personaxe orixinario dun xogo de plataformas, conta xa con numerosos xogos de carreiras, que encaixan perfectamente co carácter rápido deste personaxe que desta volta ofrece unha selección de personaxes da saga Sonic e 21 circuítos que poderemos percorrer competindo (ou colaborando) en intensas partidas multixogador.
O xogador pode elixir entre tres tipos distintos de personaxe e desbloquear pezas coas que personalizar o vehículo, adaptándoo ao seu estilo e podendo así mudar tamén o curso da competición.

Tráiler de lanzamento de Team Sonic Racing

PUBLICIDADE