Sonic estreará xogo a finais de ano

venres, 4 de abril do 2008 Marcus Fernández

Os escenarios de Sonic Unleashed destacan polo seu nivel de detalle

SEGA anunciou oficialmente que están a preparar o xogo Sonic Unleashed, que sairá para Xbox 360, PlayStation 3, PlayStation 2 e Nintendo Wii a finais de 2008.
O novo xogo está a ser programado no novo e potente motor gráfico Hedgehog Engine, que permite unha transición fluída entre as 2D e as 3D, recreando ao mesmo tempo enormes e detallados escenaros con múltiples percorridos alternativos, e que leva 3 anos en desenvolvemento.


O vídeo promocional de Sonic Unleashed adianta cómo serán os escenarios deste novo título

O novo título do ourizo cacho azul ten coma obxectivo xuntar as Esmeraldas do Caos para salvar o mundo, pois vén de ser dividido en pedazos polo malvado doutor Eggman. O xogo pretenderá manter a xogabilidade das súas anteriores entregas, aínda que cando no xogo sexa de noite se poderá «xogar con Sonic dun xeito completamente novo» (¿será unha especie de lobishome?).

PUBLICIDADE