Sonic protagoniza o último Humble Bundle
mércores, 19 de decembro do 2018
Os seareiros de SEGA están de parabéns, pois a iniciativa
solidaria Humble Bundle vén de estrear un lote de xogos
protagonizados polo ourizo azul Sonic, que de seguro que entusiasmará aos incondicionais
dunha marca que fixo historia no sector dos videoxogos.
Os xogos, que poden incorporarse á nosa colección de Steam parten de Sonic the Hedgehog 4 – Episode I, Sonic Adventure DX, Sonic CD, Sonic & SEGA
All-Stars Racing e Sonic Adventure 2
por un prezo que parte de 1 dólar; por unha cantidade superior á media (pouco
máis de 6 euros) podemos engadir á colección Sonic & All-Star Racing Transformed Collection, Sonic Lost World, Sonic Generations Collection e Sonic
the Hedgehog 4 – Episodio 2.
Para completar este atractivo lote temos que pagando 15 dólares podemos
facernos tamén con Sonic Mania e Sonic Forces, o que semella unha magnÃfica
oportunidade, xa que Sonic Mania custa normalmente 19,99 euros, polo que o
Humble Bundle é unha boa oportunidade para facernos con este tÃtulo xunto a varios
xogos que algúns consideran clásicos.

- Sonic Mania é o principal reclamo para facerse con este Humble Bundle
