Sonowebs converte o texto dos blogs en audio
luns, 29 de outubro do 2007
ElMundo.es hai tempo que ten
un sistema de locución de novas coñecido coma Rosa, pero esta
funcionalidade agora está ó alcance de case calquera web grazas a Sonowebs, que publica unha aplicación que
converte o texto en español a voz e, para facer doada a creación dos ficheiros
de son, mesmo contan cun módulo
para Wordpress e un molde para Blogger de xeito que os usuarios de blogs
nas mencionadas plataformas poderán permitir ós seus visitantes o acceso a unha
versión sonora dos mesmos.
Quen só queira converter a voz un texto determinado só ten que introducir o
contido nun formulario que
creará o código necesario para incrustalo nunha páxina web, amosándose do
seguinte xeito:
