Sony adianta cómo será God of War para PSP

venres, 18 de maio do 2007 Marcus Fernández

Tras ver cómo sería a entrega para móbiles do God of War (con gráficos bidimensionais) podería dar a impresión de que a versión para a consola portátil de Sony podería ser decepcionante, pero a empresa nipona vén de amosar cómo seria o seu xogo para PSP e parece superar tódalas expectativas no apartado gráfico.
God of War: Chains of Olympus está a ser desenvolvido polo mesmo equipo creativo de Daxter e levará a Kratos por terras que ningún mortal pisou antes, enfrontándose ás criaturas máis temibles da mitoloxía grega. Destaca por ter unha xogabilidade épica (con ángulos de cámara e una experiencia de xogo inédita para PSP), combinacións de golpes totalmente novos e brutais e novos enigmas que resolver, cos que o xogador atopará novos desafíos durante o avance deste prometedor xogo.
Pero non só se puideron ver imaxes estáticas do novo xogo, senón que dende Sony adiantaron un pouco da súa acción:

PUBLICIDADE