Sony anuncia as compensacións pola caÃda da PSN e padece novos fallos de seguridade
mércores, 18 de maio do 2011
Tras o
comezo do reestablecemento da PlayStation Network por parte de Sony, a compañÃa
nipona realizou distintos anuncios como o detalle
do programa Welcome Back co que
pretende compensar ao usuarios por ter pechada a súa plataforma en liña dende o
pasado 20 de abril, e que incluirá descargas de balde da PlayStation Store
(cando retome o seu funcionamento), unha subscrición de balde a PlayStation
Plus durante 30 dÃas (para os que xa conten co servizo o perÃodo será de 60
dÃas) e 30 dÃas de balde no servizo Q Music Unlimited para os usuarios actuais.
No que a descargas gratuÃtas da PlayStation Store, os usuarios de PSP poderán
elixir un xogo de entre 4 (LittleBigPlanet
PSP, ModNationPSP, Pursuit Force e Killzone: Liberation) e os de PS3 optarán a 2 entre 5 (LittleBigPlanet,InFamous, Wipeout HD/Fury,
Rachet and Clack: En busca del tesoro
e Dead Nation).
Adicionalmente os usuarios da PlayStation Network e Quriocity en Reino Unido,
Francia, Italia, Alemaña e España poderán
optar a un servizo de protección de identidade de balde durante 12 meses
ofrecido por Affinion International Limited, que cubre a protección da
información persoal, axuda orientación e asistencia e protección financeira;
aÃnda que polo momento non detallan cómo contactar coa empresas para contactar
con Fraud Protect para gozar da
mencionada oferta.
- Os peches por mantemento da PSN comezan a ser toda unha lacra para Sony
Pero os problemas para Sony parecen estar lonxe de rematar, e hoxe mesmo deron conta dun novo fallo de seguridade nos seus sistemas, que permitÃa modificar o contrasinal de calquera usuario da PlayStation Network coñecendo o seu enderezo de correo electrónico e a súa data de nacemento (datos bastante doados de conseguir, e que foran dos comprometidos na intrusión que levara ao seu peche temporal), o que daba a impresión de ser un bulo destinado a minar a confianza en Sony, pero que resultou ser totalmente certo, e incluso forzou á compañÃa a pechar o seu sistema de modificación de contrasinais. Estamos ante o segundo grande incidente tras o comezo da restauración da PSN o pasado domingo (o primeiro foi o peche de servidores durante 20 minutos por mor da súa saturación) e parece confirmar que Sony continúa sen tomar en serio a seguridade dos seus sistemas. En distintos foros xa non só recomendan modificar o contrasinal empregado en PSN, senón tamén o enderezo electrónico asociado a tal rede, de xeito que se emprega un que non estea asociado a ningún outro servizo, o que parece rozar a paranoia.