Sony consegue enterrar o plaxio de Horizon Zero Dawn
xoves, 18 de decembro do 2025
Cando hai pouco máis dun ano o chinés Aurora Studio anunciou o xogo Light of Motiram empregando unha imaxes promocionais extraordinariamente semellantes aos xogos da saga Horizon Zero Dawn, polo que as acusacións de plaxio non tardaron en chegar.
AÃnda que esta proposta chinesa contarÃa con mecánicas totalmente distintas, xa que estariamos ante un xogo de rol colaborativo, o feito de que fixese dar a entender que era unha alternativa para PC de Horizon non fixo ningunha graza a Sony, compañÃa que emprendeu un procedemento legal que vén de rematar en acordo entre as partes.
O acordo entre Sony e Tencent é confidencial, pero as súas consecuencias xa son visibles, xa que as tendas de videoxogos borraron todo rastro da existencia de Light of Motiram, polo que podemos entender que a promoción baseada na confusión de personaxes non se fará efectiva. Iso non quere dicir que o traballo de Aurora Studio non vaia ver a luz, pois o xogo que están a desenvolver probablemente poida atopar o seu oco no mercado se deciden promocionalo con prácticas máis éticas.
