Sony crea en EE.UU. unha división dedicada á publicidade nos videoxogos

martes, 16 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Sony Computer Entertainment America anunciou a creación dunha división dedicada á publicidade no interior dos videoxogos, que estará dirixida por Darlene Kindler, que dependerá do vicepresidente de vendas e desenvolvemento de negocio, Phil Rosenberg, que declarou que «Darlene ten unha mestura ideal de experiencia na industria dos videoxogos, incluíndo a publicidade nos xogos, o que a converte na peza idea para este novo cargo».
A compañía pretende integrar publicidade tanto en xogos como en PlayStation Home, o mundo virtual (semellante a Second Life) para usuarios de PS3 que chegará a primeiros de 2008.
A publicidade integrada en xogos e contornos virtuais busca ser menos intrusiva que o resto de anuncios, de xeito que se inclúa no contorno dun xeito natural, e que se converta nunha importante canle para rendibilizar os videoxogos independentemente da piratería dos mesmos.

PUBLICIDADE