Sony estrea unha tenda en liña de xogos de PlayStation adaptados para a PSP
martes, 5 de decembro do 2006
Os afeccionados ás consolas de videoxogos que teñan tanto unha PS3 como unha PSP, pero que tiveran anteriormente unha Playstation, poderÃan botar en falta algún dos seus vellos xogos, polo que Sony dálles a oportunidade de rememoralos na súa consola portátil grazas a un novo servizo de descargas para a PlayStation 3, que permite facerse con xogos de PlayStation adaptados para o seu uso na PSP (á que se transfiren os mesmos mediante o porto USB da consola).
Esta estratexia de revitalización de xogos descatalogados de PlayStation para o seu uso na PSP resulta un tanto confusa, xa que precisa dunha PS3 para a súa descarga, aÃnda que no futuro procurarán dun sistema que permita a adquisición dos vellos xogos valéndose das capacidades Wi-Fi da PSP.
Os xogos véndense a 5,99 dólares, e polo momento xa hai no catálogo dispoñible tÃtulos coma Cool Boarders, Hot Shots Golf 2, Crash Bandicoot, Tekken 2 ou Syphon Filter, que contan con distintos tamaños de descarga que van dende os 157 Mb ata os 535 Mb.