Sony faise co 10% do grupo ao que pertence FromSoftware
xoves, 19 de decembro do 2024
Sony vén de asinar un acordo estratéxico coa corporación Kadokawa (propietaria de varias editoriais e outras compañÃas entre as que destaca o estudio de videoxogos FromSoftware) para facerse con 12.054.100 accións da compañÃa por un valor aproximado de 50.000 millóns de iens (306 millóns de euros).
Sony ten unha longa historia de colaboración con Kadokawa, e coa nova participación confÃan en reforzar esta relación para levar as propiedades intelectuais de Kadokawa a pelÃculas e series de televisión globalmente, colaborar en producións de animación e impulsar os videoxogos da corporación.
O éxito do videoxogo Elden Ring disparara os rumores da posible compra de FromSoftware por parte de Sony, pero polo momento a compañÃa da PlayStation confórmase con ser o accionista maioritario da empresa matriz co 10% das accións, sendo a segunda empresa por volume de participacións a chinesa Tencent (que tamén é un xigante no sector dos videoxogos e do audiovisual).
Con esta operación no queda claro se Sony ten máis interese polo potencial de Kadokawa no sector dos videoxogos ou no sector audiovisual, pois conta cun importante catálogo de manga e anime, asà como de videoxogos, susceptibles de manter a súa explotación como pelÃculas e series de animación, sector no que Sony xoga un rol importante.
Coméntase que Sony terÃa a intención de adquirir completamente a corporación Kadokawa, pero a operación serÃa inviable actualmente, xa que a industria dos videoxogos está a vivir un momento de axuste tras un crecemento explosivo durante a pandemia, que non puido manterse no tempo, provocando unha crise importante de escala global.