Sony podería competir con YouTube

luns, 7 de maio do 2007 Marcus Fernández

Sony vén de estrear no Xapón o portal EyeVio, co que pretende competir con YouTube na publicación de vídeos na Internet, coidando que se respecte a propiedade intelectual (un grande problema ó que está a facer fronte Google e polo que se lle acumulan demandas que poderían chegar ós 1.000 millóns de dólares) e permitindo tamén que os usuarios publiquen contidos tanto pública como privadamente.
EyeVio coida especialmente os sistemas de alimentación de vídeos por parte dos usuarios, que poden remitir as súas pezas tanto mediante os seus móbiles como coas súas PDA e, ademais, Sony permitirá que se vexan non só en ordenadores conectados á Rede, senón que tamén se poderían ver na PSP e, posiblemente, nos reprodutores iPod, aínda que en Europa deberemos agardar a que o sistema estea ben probado para comprobar se poderá competir realmente coas plataformas de vídeo en activo globalmente.