Sony poderÃa tirar de secuelas como exclusivas da PS3 para 2011
mércores, 13 de xaneiro do 2010

- Killzone é unha das franquÃas que poderÃa volver á PS3 en 2011
Os supervendas dos últimos
meses destacaban por ser secuelas de xogos anteriores o pertencer a franquÃas,
polo que Call of Duty: Modern Warfare 2,
Assasin’s Creed 2 ou FIFA 10 non destacaban precisamente pola
súa orixinalidade e innovación, e o panorama parece que non vai mudar moito, e dende
PlayStation: The Official Magazine pensan
que na
vindeira edición do E3 van presentarse oficialmente os xogos Killzone 3, Resistance 3 e InFamous 2
coma os grandes xogos exclusivos de PS3 para 2011.
A mesma revista tamén considera que o anunciado Metal Gear: Rising non chegará ás tendas ata o Nadal, polo que a
estrea desta saga na Xbox 360 estarÃa a facerse agardar bastante, e marcarÃa a
desaparición dunha das principais exclusivas de Sony (compañÃa que xa perdeu o
monopolio de sagas coma Final Fantasy
e Tekken nas consolas de videoxogos
domésticas).
