South Park poderase ver de balde a través da Internet
martes, 4 de decembro do 2007
MTV
Networks anunciou a súa intención de publicar na Internet a serie de animación South Park, de xeito que os seus
seguidores poderán acceder a tódolos seus episodios de balde, no que é unha das
decisións neste sentido máis importantes dende que se fixo o mesmo con The
Daily Show with Jon Stewart.
A filial do grupo Viacom non espera que esta decisión prexudique ás audiencias
televisivas dos seus programas senón todo o contrario, xunto co feito de que poderán
rendibilizar esta nova canle mediante publicidade, polo que loitan contra a
difusión dos seu programas nas redes P2P ofrecéndoos directamente ós seus
seguidores, aÃnda que polo momento estas medidas só afectan ás versións en inglés
(que nun principio estarán accesibles sen restricións xeográficas).
