SpaceX merca xAI (e X/Twitter)
luns, 2 de febreiro do 2026
SpaceX anunciou a adquisición de xAI co obxectivo de crear unha estrutura de innovación verticalmente integrada que combine intelixencia artificial, lanzadores espaciais, conectividade por satélite, comunicacións directas a dispositivos móbiles e unha plataforma global de información en tempo real.
Segundo a compañÃa, a operación supón un novo fito na súa misión compartida de escalar tecnoloxÃas capaces de contribuÃr á comprensión do Universo e á expansión da conciencia humana máis alá da Terra, aÃnda que resulta difÃcil deixar de lado o feito de que nos resultados presentados hai un mes (correspondente ao trimestre de 2025 que remata en setembro) xAI rexistrara unhas perdas netas trimestrais de 1.460 millóns de dólares, estimándose que nos primeiros 9 meses de 2025 a compañÃa queimou preto de 7.800 millóns de dólares. Tamén está o feito de que xAI absorbese a plataforma social X o ano pasado, polo que non sorprenderÃa a ninguén que Elon Musk quixese trasladar os seus negocios menos rendibles baixo un paraugas que lles dese unha maior seguridade económica.
SpaceX defende que a despregadura de capacidade de computación no espazo representa a única vÃa viable a longo prazo para escalar a intelixencia artificial. O aproveitamento case constante da enerxÃa solar en órbita permitirÃa reducir custos operativos e eliminar moitas das limitacións actuais. A proposta pasa pola creación de grandes constelacións de satélites que funcionen como centros de datos orbitais, capaces de xerar enormes volumes de potencia de cálculo. Ademais da computación orbital, o proxecto inclúe a despregadura de satélites de comunicación directa a móbiles, co obxectivo de ofrecer cobertura móbil global.
Segundo Musk, facer realidade os centros de datos espaciais non só impulsará avances cientÃficos e tecnolóxicos, senón que tamén servirá para financiar e soster bases autosuficientes na Lúa, unha civilización en Marte e, a longo prazo, a expansión da humanidade polo Universo, pero non podemos esquecer que esta visión supón practicamente a cesión do ceo terrestre a unha compañÃa privada, que hoxe xa contamina seriamente o firmamento nocturno, polo que autorizar a SpaceX a multiplicar por 100 a súa presenza na órbita terrestre parece moi optimista por parte de Elon Musk (e semellarÃa temerario por parte das autoridades responsables).
