Spider-Man 2 chegará a PC en xaneiro
venres, 18 de outubro do 2024
AÃnda que o xogo Marvel’s Spider-Man tardou 2 anos en saltar de PlayStation 4 a PlayStation 5 e outros dous anos máis en chegar a PC, a súa secuela, non se fará agardar tanto, e chegar a ordenadores persoais só 15 meses despois do seu lanzamento para PlayStation 5, o que é unha boa mostra do moito que cambiaron as cousas en Sony de cara aos xogos para PC.
Marvel’s Spider-Man 2 chegará a PC o 30 de xaneiro de 2025, tanto a través de Steam como da tenda de Epic Games, sendo preciso contar cunha conta de usuario en PlayStation Network para poder gozar do xogo en ordenadores persoais (esixencia que moitos usuarios consideran molesta).
O xogo contará con dúas edicións diferentes: a edición estándar co xogo completo e todas as actualizacións que recibiu dende o lanzamento en PlayStation 5 e a edición deluxe, que inclúe adicionalmente 5 traxes exclusivos para Peter Parker, 5 traxes exclusivos para Miles Morales, desbloqueo anticipado do traxe de Cabaleiro Araña (Peter), desbloqueo anticipado do traxe de Araña SombrÃa (Miles) desbloqueo anticipado do trebello atraparaña, 5 puntos adicionais de habilidade e elementos adicionais do modo foto.
AÃnda que polo momento non detallaron as melloras técnicas que terá Spider-Man 2 con respecto a PlayStation 5, dado que as versións están tan próximas no tempo é de esperar que se limiten a facilitar modos de vÃdeo propios de equipos informáticos, ou sexa, que poida gozarse do xogo incluso en configuracións de pantalla super ultra panorámicas (xunto co aproveitamento das últimas tecnoloxÃas de escalado de imaxe).
VÃdeo no que se anuncia a versión para PC de Spider-Man 2