Spider-Man aliarase ós seus inimigos nun novo videoxogo que chegará no outono

xoves, 12 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Durante o E3 presentaron un novo xogo de Spider-Man que sairá para Xbox 360, PS2, DS, Wii, PSP e PC, de xeito que a meirande parte dos seguidores do lanzarredes máis popular dos comics de Marvel poderán ter a posibilidade de enfundarse nas mallas do heroe.
Spider-Man: Friend or Foe (Spider-Man: Amigo ou Inimigo) permite que o trepamuros recrute aliados para enfrontarse a grandes ameazas, pero non só poderá estar acompañado por Puño de Ferro e Blade, senón que outros inimigos coma o Duende Verde, Venom, o Home de Area ou o Doutor Octopus, que poderían loitar ó lado do noso heroe fronte a outros malvados, aínda que polo momento só se veu un trailer do xogo:

Haberá que agardar para o outono para ver o xogo realmente, e ver se esta mestura de personaxes poderá crear un videoxogo crible argumentalmente, aínda que parece seguro que permitirá moita acción e diversión.

PUBLICIDADE